Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación da explotación de recursos da sección A Castro número 143, concello de Vilar de Santos, promovido por Graveras Castro, S.L. (clave 2014/0101).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 18 de xaneiro de 2016 relativo ao proxecto de ampliación da explotación de recursos da sección A Castro nº 143, concello de Vilar de Santos (Ourense), promovido por Graveras Castro, S.L.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental