Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2015/580-1).

Número expediente: IN407A 2015/580-1.

Solicitante: UDESA, S.A.

Denominación: LMT 20 kV CT e RBT A Silva III.

Concello: Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3×(1×95 Al) de 556 metros de lonxitude coa orixe no apoio nº 20, que se vai substituir, da LMT e CTA Xende, expediente IN407A 2001/141, e final no CT proxectado A Silva III.

Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 160 kVA de potencia e unha relación de transformación 20/0,4 kV, cunha cela de liña motorizada e unha cela de protección.

Saída en soterrado dun circuíto de baixa tensión mediante condutor RV 0,6/1 kV 3×(1×240 Al/54,6 ALM) coa orixe no cadro de baixa tensión do CT e final no apoio de baixa tensión existente, de 16 metros de lonxitude.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 12 xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña