Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no p.q. 8+250 da estrada PO-531 (concello de Barro), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave PO/16/002.06).

Por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 5 de febreiro de 2016 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado: mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no p.q. 8+250 da estrada PO-531 (concello de Barro), de clave PO/16/002.06.

Este proxecto actúa sobre un treito da estrada PO-531 (Pontevedra-Baión), nunha zona que atravesa varios núcleos de poboación e que tamén afecta o polígono industrial de Sequeiros. Coa realización desta actuación preténdese evitar ou minimizar posibles situacións de risco ou de inseguridade viaria, ao tratarse dunha zona cunha intensidade media de tráfico moi alta.

As obras previstas recollen a construción dunha glorieta no p.q. 8+250 da estrada
PO-531, así como os ramais de conexión. Prevese tamén a execución de beirarrúas, habilitación de zonas para o bus, reforzo do firme, renovación da drenaxe lonxitudinal, reposición e mellora da iluminación pública e a reposición da sinalización viaria e barreiras de seguridade.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de trazado sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado da estrada.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Barro (lugar Santo Antoniño, 11, 36194 Barro, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
(http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de trazado.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no p.q. 8+250 da estrada PO-531 (concello de Barro).

Clave: PO/16/002.06.

Concello de Barro.

Nº predio

Propietario/a

Tipo de solo

Polígono

Parcela

Superficie expropiación (m2)

1

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Portela

C-Labor ou labradío secaño

P-232

161

849,00

2

Cancela Outón, Luz

V-Viña secaño

P-232

166

187,00

3

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Portela

MM-Piñeiral madeireiro

P-233

222

954,00

4

Ruibal García, Consuelo

MM-Piñeiral madeireiro

P-233

57

764,00