Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015035AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 4 de decembro de 2015, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015035AL-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Demeter Foods, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Demeter Foods, S.L. o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e, lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Número de expediente: 2015035AL-PO.

Denunciada: Demeter Foods, S.L.

DNI/CIF: B27788082.

Último enderezo coñecido: rúa Figueiras, 22, 36318 Vigo.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 6.2 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 2 e 5 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos.

– Artigos 14 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Tipificación: grave, segundo o artigo 51.2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Resolución: inadmisión do recurso.