O Pleno Municipal, na sesión que tivo lugar o 11 de xaneiro de 2016, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM 2013 da Coruña, na praza de José Toubes Pego, para a previsión dunha parcela de equipamento público, conforme o documento redactado polos técnicos municipais en decembro de 2015 (expediente 631/2014/187).
En cumprimento do artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente da modificación sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.
A documentación da modificación pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza de Indalecio Prieto, 1-3) en horario laboral de luns a venres, ou na páxina web do Concello www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.
A Coruña, 14 de xaneiro de 2016
P.D. (Decreto do 15.12.2015)
Jorge Juan Cao Abad
Director de Rexeneración Urbana e Vivenda