Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio Social: Polígono Empresarial As Gándaras-rúa A-parcela U2-Lugo.
Denominación: telemando CT (532) polígono 1 Vilalba.
Situación: concello de Vilalba.
Características técnicas:
Telemando de cinco celas de liña do CT (532) polígono de Vilalba 1 desde o centro de control de rede (Cecore) de Begasa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 27 de xaneiro de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo