Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5476

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

En virtude da Resolución do 22 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 206, do 28 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de admitidos/as e excluídos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 114, do 18 de xuño, modificada pola do 12 de novembro de 2015 (DOG nº 220, do 18 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar no portal web corporativo funcion-publica.xunta.gal

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as, será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Agulla Carrera, Patricia

35322320R

41

Cao García, María Soledad

33335072E

41

Cousillas Anido, Marina Gabriela

32756752Z

43

Estévez González, José Antonio

36130757B

41

Estévez López, José Luis

76710683W

41

Fernández Padín, Ana María

34949425M

16, 20

Gago Vila, Juan José

34991911X

41

García Vallejo, Montserrat

34987825H

43

Gómez Vázquez, Jesús Manuel

34982528B

41

González Vila, Miguel Ángel

76709961Q

41

González Yáñez, María Isabel

44455560X

41

López López, Ana

44451011S

41

López Olmedo, Carmen

50794167R

14

Méndez Rodríguez, Mónica

36113634T

41

Sousa Gonçalves, María Luisa

34991236W

41

Cota específica base I.1.1.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Blanco Vallejo, Lucía

44825348G

16

Portela Pastrana, Javier Adolfo

35311229L

15

Código

Descrición

14

Documento xustificativo exención taxas non válido

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

41

Menos de dous anos de antigüidade no corpo

43

Desistencia da solicitude