Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

En virtude da Resolución do 22 de outubro de 2015 da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 206, do 28 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamcións sobre as ditas relacións de admitidos/as e excluídos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño, modificada pola do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar no portal web: corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueloutros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito no cal o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso xeral:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Castro Pérez, Mónica María

44820238T

41

Castro Soto, José Nicasio

32646171V

41

Vaamonde Porto, Ramón

33284858V

41

Código

Descrición

41

Menos de dous anos de antigüidade no corpo.