Unha vez aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal por acordo de Pleno do día 22 de xaneiro de 2016, segundo o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificado pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, sométese a información pública por un prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
Durante este prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.
Baños de Molgas, 25 de xaneiro de 2016
Xaime Óscar Iglesias Pérez
Alcalde