Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, nº 2, 32960 Velle (Ourense).
Denominación: CT Arcos II.
Situación: Vilamartín de Valdeorras.
Características técnicas: CT Arcos II (32AHQ8) CT intemperie sobre apoio de formigón (1600-13) de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 6.330,19 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; rúa Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 20 de xaneiro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense