De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 19 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Santiso (IN407A 2009/267-1).
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Sen prexuízo do anterior este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 1 de febreiro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2009/267-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: modificado I LMT. CT. RBT. Pena-Pedreira.
Concello: Santiso.
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:
Predio |
Paraxe |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Afeccións Superficie solo afectada |
m2 |
2 |
O Coto |
Monte baixo |
Descoñecido |
Centro transformación + acceso + apoio baixa tensión |
33.0 |