De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 21 de xaneiro de 2016 relativa ao proxecto dunha explotación avícola sita no lugar da Ventosa, no concello de Ribas de Sil (Lugo), promovido por Avimoa, S.C.
Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental