De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 20 de xaneiro de 2016 do proxecto de planta de reciclaxe e valorización de cunchas mariñas, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), promovido por Reciclaje e Innovaciones Marinas, S.L.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental