Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo non suxeito á regulación harmonizada para a adquisición dun vehículo autobomba urbano lixeiro (BUL) de primeira saída para a atención ás emerxencias, mobilizado e coordinado polo novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15, mellora nas infraestruturas e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23497

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.054.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: a adquisición dun vehículo autobomba urbano lixeiro (B.U.L) para a atención ás emerxencias destinado aos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias, mobilizados baixo a coordinación do CIAE 112 Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 234144212-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto, atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 205.785,13 €; importe total: 249.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de novembro de 2015.

b) Data de formalización: 16 de novembro de 2015.

c) Adxudicatario: Incipresa, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 204.700,00 €; importe total: 247.687,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias