Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5122

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (481/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 481/2013 por instancia da Mutua Gallega contra a empresa Trabercon, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 20.1.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución estímase a demanda formulada por Mutua Gallega fronte á empresa Trabercon, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Trabercon, S.L. a aboar á Mutua Gallega como responsable directa a cantidade de trescentos trinta e nove euros con trinta céntimos de euro (339,30 euros) con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS para o caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 de la LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso de ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Trabercon, S.L. expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial