Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o proxecto de restauración da unidade conxunta das concesións de explotación Godos número 2662 e Godos I número 2766 co emprego final de tecnosoles, situada no concello de Caldas de Reis (Pontevedra) e solicitado por Hormigones Valle Miñor, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de restauración da unidade conxunta das concesións de explotación Godos nº 2662 e Godos I nº 2766 co emprego final de tecnosoles, situada no termo municipal de Caldas de Reis (Pontevedra) e solicitado por Hormigones Valle Miñor, S.A.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria ( http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras ). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra