De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 16 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (IN407A 2015/201-1).
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 1 de febreiro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/201-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMT GRN-708, r/ Brasil.
Concello: Arteixo.
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Nº predio |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Apoio |
|
Nº |
m2 |
||||
1 |
Meicende |
Descoñecido |
16 |
2,0 |
|
7 |
Meicende |
Descoñecido |
17 |
2,0 |