Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes CAZ-OU-197/2015-V e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na rúa Sáenz Díez nº 1, 1ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 22 de xaneiro de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: CAZ-OU-197/2015-V.

Interesado: José González Rodríguez.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-78/2015-V.

Interesado: Emanuel Craciun.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-81/2015-V.

Interesado: Mihai Anghelache.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-111/2015-V.

Interesado: José Matias Ramos.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.