De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 22 de xaneiro de 2016
P.S. (Resolución 17.12.2015)
Mª Eugenia Gasalla Valle
Xefa do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo
ANEXO
Expediente: ANP-LU-0077/2015-V.
Interesado: Manuel Camba Rifon.
Acto notificado: incoación do expediente sancionador.