Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número do expediente: 2015-SEXU 05 a 14-EM.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21572
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia.
c) División por lotes e número de lotes: 11. Esta formalización refírese aos seguintes lotes:
Lote 7: Edificio dos xulgados de Lalín.
Lote 8: Edificio xudicial vello de Vigo.
Lote 9: Edificio do xulgado de Arzúa.
d) CPV: 79710000-4 (servizos de seguridade) e 79714000-2 (servizos de vixilancia).
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 19 de decembro de 2014.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato para os tres lotes: 170.709,00 €.
5. Orzamento base de licitación para os tres lotes:
Importe neto: 77.795,00 €.
Importe total : 93.889,95 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:
Lote 7: 31.296,65 €.
Lote 8: 31.296,65 €.
Lote 9: 31.296,65 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: lotes 7 e 8: 26 de novembro de 2015.
Lote 9: renuncia da Administración por Resolución do 26 de novembro de 2015.
b) Data de formalización do contrato: lotes 7 e 8: 16 de decembro de 2015.
c) Contratistas: Lotes 7 e 8: Alcor Seguridade, S.L.
d) Importe de adxudicación:
Lote 7: 24.926,00 €, IVE incluído.
Lote 8: 24.926,00 €, IVE incluído.
e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2016.
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza