O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 10 de abril de 2014, acordou a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido das declaracións de bens patrimoniais dos membros da Xunta de Galicia a que se refire o artigo 10.5 da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, tanto tras o seu nomeamento como tras o seu cesamento, e referida a ese momento, reflectida no modelo que se xuntou como anexo ao acordo.
En virtude do Decreto 119/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5 de outubro), Rocío Mosquera Álvarez cesou no cargo de conselleira de Sanidade e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.
Procede, en consecuencia, dar publicidade do contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara ao cesar, e que se publica como anexo a este anuncio.
Tal e como consta no referido modelo anexo aprobado polo acordo do Consello:
1. Non se inclúen os seguros de vida.
2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2016
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Titular do cargo: Rocío Mosquera Álvarez.
Cargo público orixe da declaración: conselleira de Sanidade.
Motivo: cesamento.
I. Activo.
1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 107.474,55 €.
2. Valor total doutros bens: 5.773,57 €.
3. Total: 113.248,12 €.
II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 27.672,99 €.