Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4909

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 247, do 29 de decembro de 2015, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 49492, na letra d), onde di:

«d) Non ter desempeñado en España con anterioridade á data de publicación no DOG destas bases traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 por un período total superior a 185 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación ou prácticas) nin ter estado dado de alta como autónomo en España con anterioridade á data de publicación no DOG destas bases, por un período superior a 185 días, nun CNAE relacionado con comercio por xunto ou con actividades profesionais».

Debe dicir:

«d) Non ter desempeñado en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases- traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 por un período total superior a 185 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación ou prácticas) nin ter estado dado de alta como autónomo en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases-, por un período superior a 185 días, nun CNAE relacionado con comercio por xunto ou con actividades profesionais».

– Na páxina 49492, na letra e), onde di:

«e) Estar dado de alta como demandante de emprego (ou demandante de mellora de emprego) no servizo público de emprego de Galicia ou, se é o caso, estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil, antes da data de presentación da súa solicitude de axuda».

Debe dicir:

«e) Estar dado de alta como demandante de emprego (ou demandante de mellora de emprego) no servizo público de emprego de Galicia ou, se é o caso, estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil, antes da contratación obxecto destas bases».