Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 5006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo non suxeito á regulación harmonizada para a a adquisición de equipamento operativo (vehículos todo camiño) para a prevención e atención ás emerxencias, mobilizado e coordinado desde o novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15, mellora das infraestruturas e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23356

Tamén terase acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.053.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: a subministración de equipamento operativo (vehículos todo camiño) para a prevención e atención ás emerxencias destinados aos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias, mobilizados baixo a coordinación do CIAE 112 Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34113000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 148.760,33 €. Importe total: 180.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14 de outubro de 2015.

b) Data de formalización: 20 de outubro de 2015.

c) Adxudicataria: Ibericar Gestoso, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 147.995,05 €. Importe total: 179.073,95 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias