Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 5000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2016 polo que se fai público o acordo de incoación e prego de cargos ditados no expediente sancionador DH.D15.50056 en materia de verteduras de augas residuais.

O 30 de novembro de 2015 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Hotel Park Ría Noya, S.L. (Noia) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e faiselle saber que unha copia deles se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia