Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vedra (expediente IN407A 2015/228-1).

Expediente: IN407A 2015/228-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación da LMT SNT824-CT 15PH21/15AH22.

Concello: Vedra.

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión aérea SNT-824, entre o apoio nº 6 (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,039 km, coa orixe no apoio nº 6 da LMT.SNT-824, condutor tipo LA-56 mm2 Al e final no apoio nº 7 da LMT.SNT-824.

Tramo de liña de media tensión aérea SNT-824, entre o apoio nº 6 e o apoio con CT 15AH22 (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,024 km, coa orixe no apoio nº 6 da LMT.SNT-824, condutor tipo LA-56 mm2 Al e final no apoio con CT 15AH22.

Tramo de liña de media tensión subterránea SNT-824 (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,013 km, coa orixe na LMTS existente, en condutor RHZ1-20l 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CS proxectado.

Tramo de liña de media tensión subterránea SNT-824 (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,198 km, coa orixe no CS proxectado, en condutor RHZ1-20l 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final na LMTA proxectada.

Tramo de liña de media tensión subterránea SNT-824 (actuación nº 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,038 km, coa orixe no CS proxectado, en condutor RHZ1-20l 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CT particular 15PH21.

Centro de seccionamento 3L manobra exterior, en edificio prefabricado.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña