De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 11 de xaneiro de 2016 relativa ao proxecto dunha explotación avícola, sita no lugar do Xungal, no concello de Vilardevós (Ourense), promovido por Tomás Afonso Castaño.
Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental