Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador ILL-PO-0015/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar este acto na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2016

P.S. (Resolución do 19.11.2015)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

ILL-PO-0015/2015

Irene González Romo

Incoación

Xefe territorial