Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4601

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 2 de febreiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban os plans de poliquetos en Galicia para o ano 2016 e se regula o seu exercicio.

O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban os plans de poliquetos en Galicia para o ano 2016 e se regula o seu exercicio. Xunto coa citada orde non se publicaron os anexos.

O día 21 de xaneiro de 2016 publicouse no DOG a Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, recursos entre os que se encontran os poliquetos de acordo co seu artigo 1. Xunto con esta orde publicáronse os anexos correspondentes, parte dos cales virían substituír os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 de se teren publicados.

Así pois, cómpre indicar cales son os formularios de solicitudes para a presentación dos plans de explotación de poliquetos para o ano 2017, así como para a autorización para extraer poliquetos ao abeiro dos plans de explotación aprobados para o ano 2016, que se corresponderán cos que foron publicados xunto coa Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, en exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Mar, e o artigo 34 da Lei 1/1983, do 12 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Primeiro. Os formularios de solicitudes que se precisan para a presentación dos plans de explotación de poliquetos para o ano 2017, así como para a autorización para extraer de poliquetos ao abeiro dos plans de explotación aprobados para o ano 2016, anexos I e II da Orde do 23 de decembro de 2015, correspóndense cos anexos VII e VIII da Orde do 30 de decembro de 2015, respectivamente.

Segundo. Facer público o anexo III da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban os plans de poliquetos para o ano ano 2016 e se regula o seu exercicio.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file