Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración de equipamento (colchóns e almofadas) para diversos centros desta consellería, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 77/2015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23561

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento (colchóns e almofadas) para diversos centros da Consellería de Política Social.

CPV (referencia de nomenclatura): 39143112-4, 39516120-9.

c) División por lotes: non.

d) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 203, do 23.10.2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 173.386,82 €. IVE (21 %): 36.411,23 €. Importe total: 209.798,05 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6, tema prioritario 79, medida 6.79) e con Fondos de Compensación Interterritorial (FCI) que cofinancian nun 20 %.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 22 de decembro de 2015.

c) Contratista: Galmédica, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 91.973,00 €. IVE (21 %): 19.314,33 €. Importe total: 111.287,33 €.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social