Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Unión Fenosa Distribución, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción para o proxecto de modificación das liñas LAT 132 kV Gondomar-Balaídos e LAT 132 kV Citroën-Balaídos, situadas no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/168-4).

Despois de examinar o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo (Pontevedra), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 22.11.1984 a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria, Enerxía e Comercio ditou a resolución pola que se autorizou o establecemento da liña eléctrica a 132 kV desde a subestación de Balaídos ata a subestación de Gondomar e se declarou en concreto a súa utilidade.

Segundo. O 10.10.1990 a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio ditou a resolución pola que se autoriza o establecemento da liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Balaídos-Atios II á factoría Citroën e se aproba o proxecto de execución.

Terceiro. Unión Fenosa Distribución é a propietaria da subestación de Balaídos no termo municipal de Vigo. En novembro de 2008 asinouse un convenio entre Unión Fenosa Distribución, S.A. e o Concello de Vigo para construír a nova subestación blindada que substituirá a actual.

Cuarto. O 11.9.2015 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou, ante a Xefatura Territorial de Pontevedra, a solicitude de autorización administrativa previa e de construción do proxecto de modificación das liñas LAT 132 kV Gondomar-Balaídos e LAT 132 kV Citroën-Balaídos, situadas no termo municipal de Vigo.

A esta solicitude xuntouse o correspondente proxecto de execución titulado LAT 132 kV Novo Balaídos-Citroën e LAT 132 kV Novo Balaídos-Gondomar (soterramento na subestación Novo Balaídos), asinado polo enxeñeiro industrial Alfonso González Álvaro (colexiado nº 2920/2130 do Colexio de Enxeñeiros do ICAI) e visado co nº 0201/15 e data do 6.7.2015, e no cal figura un orzamento de 492.823,56 €.

Neste proxecto inclúese a declaración responsable, asinada polo proxectista con data do 10.3.2015, en que se fai constar que o proxecto cumpre con toda a normativa que lle é de aplicación, de conformidade co exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e da Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria.

Quinto. O 25.9.2015 a Xefatura Territorial ditou resolución pola que se someteu a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas denominadas LAT 132 kV Novo Balaídos-Citröen e LAT 132 kV Novo Balaídos-Gondomar (soterramento na subestación Novo Balaídos); que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 16.10.2015 e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 5.11.2015.

Durante o período en que a dita petición se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Sexto. O 29.9.2015 a Xefatura Territorial trasladou ao Concello de Vigo a separata técnica do proxecto para os efectos de obter o correspondente informe.

O 9.10.2015 o Concello de Vigo emitiu informe favorable e o 3.11.2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. mostrou a súa conformidade.

Sétimo. O 25.9.2015 a Xefatura Territorial emitiu informe técnico favorable sobre o citado proxecto.

Oitavo. O 22.12.2015 a Xefatura Territorial trasladou a esta dirección xeral copia do expediente de referencia, informe técnico favorable e unha copia do proxecto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; e no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e na Resolución do 19.2.2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.

De conformidade co que antecede e en exercicio das competencias que ten atribuídas, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas

RESOLVE:

1. Outorgar a Unión Fenosa Distribución, S.A. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de modificación das liñas LAT 132 kV Gondomar-Balaídos e LAT 132 kV Citröen-Balaídos, situadas no termo municipal de Vigo.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. A instalación eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa promotora, Unión Fenosa Distribución, S.A., denominado LAT 132 kV Novo Balaídos-Citröen e LAT 132 kV Novo Balaídos-Gondomar (soterramento na subestación Novo Balaídos), asinado polo enxeñeiro industrial Alfonso González Álvaro (colexiado nº 2920/2130 do Colexio de Enxeñeiros do ICAI) e visado co nº 0201/15 e data do 6.7.2015, e no cal figura un orzamento de 492.823,56 euros.

Segunda. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberase cumprir en todo momento canto establecen os regulamentos técnicos de aplicación, así como demais normativas e directrices vixentes aplicables.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a Xefatura Territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de acta de posta en servizo ante a Xefatura Territorial, quen deberá expedila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta resolución por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Sétima. Esta resolución emítese sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións obxecto dela.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas