Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2015/393-1 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puideron practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña; rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 28 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2015/393-1.

Acta inf.: I152015000079722.

Empresa: Tecnología de la Información del Noroeste, S.L.

NIF: B36405751.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 9 de decembro de 2015.

Expediente: RL 2015/399-1.

Acta inf.: I152015000078914.

Empresa: Hestafil, S.L.

NIF: B15468523.

Concello: Oleiros (A Coruña).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 10 de decembro de 2015.

Expediente: RL 2015/411-1.

Acta inf.: I152015000080833.

Empresa: Verdiberia Aqualab, S.L.

NIF: B85828119.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 9 de decembro de 2015.

Expediente: RL 2015/418-1.

Acta inf.: I152015000084469.

Empresa: Treidmark 14, S.L.

NIF: B70408125.

Concello: Oroso (A Coruña).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 11 de decembro de 2015.

Expediente: RL 2015/464-1.

Acta inf.: I152015000082449.

Empresa: Imaro Contingencias Informáticas, S.L.

NIF: B15899826.

Concello: A Estrada (Pontevedra).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 11 de decembro de 2015.

Expediente: RL 2015/466-1.

Acta inf.: I152015000089523.

Empresa: Transvialia, S.L.

NIF: J70399340.

Concello: A Coruña (A Coruña).

Materia: obstrución.

Data resolución: 29 de decembro de 2015.

Expediente: RL 2015/467-1.

Acta Inf.: I152015000089624.

Empresa: Transvialia, S.L.

NIF: J70399340.

Concello: A Coruña (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 29 de decembro de 2015.