Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tordoia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016 pola que se aproba a oferta pública de emprego correspondente ao ano 2015 (prórroga 2011/consolidación).

Por Resolución de Alcaldía do 13 de xaneiro de 2016 aprobouse a oferta pública de emprego correspondente ás prazas que a continuación se indican para o ano 2015, pertencentes á oferta de emprego público 2011 e a consolidación; en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, do artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e do artigo 20 da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016.

Persoal funcionario:

Denominación

Grupo

Nivel

Vacantes

Administrativo

C1

11

1

Traballadora social

A2

22

1

Persoal laboral:

Denominación

Vacantes

Obreiro servizos múltiples (prevención)

2

Auxiliar administrativo servizos sociais

1

Axente de emprego

1

Animadora sociocultural

1

Encargado de biblioteca e casa de cultura

1

Tordoia, 13 de xaneiro de 2016

Antonio Pereiro Liñares
Alcalde