Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/607-1).

Expediente: IN407A 2015/607-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: cambio de sección SCY810.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Cambio de condutor liña de media tensión soterrada SYC-810 (actuación nº 1), no tramo entre o CT 15CL93 Atlas (expediente 14.630) e o CT 15SD05 Mariñán-República Salvador, por condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 100 metros.

Cambio de condutor liña de media tensión soterrada SCY-810 (actuación nº 2), no tramo entre o CT 15CL93 Atlas (expediente 14.630) e a LMTS a CS 15PXD5 Hotel La Rosa, por condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 125 metros.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 11 xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña