Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2015/254-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: reforma LMT VAA705 A Pasaxe.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-56 de 773 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 0 na saída VAA705 e final no apoio existente nº 7 na saída VAA705. A instalación está situada na zona do polígono industrial A Pasaxe, Vincios, Gondomar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra