Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4425

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2016

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2015

Convenio

Achega da Consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Profesional de Expertos Contables e Tributarios de España (AECE) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación de Empresarios de Transportes de Servizos Discrecionais de Mercadorías da Provincia de Pontevedra (Asetranspro) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Mancomunidade de Santa Águeda en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Carballeda de Avia en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Maside en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Maceda en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Nogueira de Ramuín en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello do Pereiro de Aguiar en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.12.2015