Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015317TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 21 de decembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015317TA-CO incoado a María Carmen Fernández Moscoso.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a María Carmen Fernández Moscoso o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do dito Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 18 de xaneiro de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2015317TA-CO.

Interesada: María Carmen Fernández Moscoso.

DNI/NIF/CIF: 11425042E.

Último enderezo coñecido: Primero de Mayo, 8-3º D, 33400 Corvera (Asturias).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30 €.