Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4408

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO do 26 de marzo de 2010 relativo á aceptación da delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores por infraccións de normas de tráfico do Concello de Corcubión.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o 26 de marzo de 2010 adoptou, entre outros, o acordo que se transcribe:

«22. Aceptación da delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores por infraccións de normas de tráfico do Concello de Corcubión.

Aceptar a delegación de competencias en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria acordada polo Concello de Corcubión.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases e terá efectos desde o momento en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2016

Valentín González Formoso

Mª Amparo C. Taboada Gil

Presidente da Deputación Provincial
da Coruña

Secretaria accidental da Deputación
Provincial da Coruña