Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza de residencias de maiores (expediente 63/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 63/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de cociña, determinadas zonas comúns (almacéns, garaxes...) e cristais en residencias de maiores dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 218, do 16 de novembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, suxeita á regulación harmonizada e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 918.091,90 euros. IVE (21 %): 192.799,30 euros. Importe total: 1.110.891,20 euros.

5. Formalización:

a) Data: 29 de decembro de 2015.

b) Contratista: Limpiezas Compostela, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 907.200 euros. IVE (21 %): 190.512 euros. Importe total: 1.097.712 euros.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña