Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/108 e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é rolda da Muralla, nº 70-2º, Lugo.

O prazo para realizar a comparecencia será de dez (10) días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez (10) días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 13 de xaneiro de 2016

P.S. (Resolución do 19.11.2015)
Iván Pedrosa Castillo
Xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2015/108

Marian Roua

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/110

Relu Matei

Resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/134

Petre Matei

Resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/137

Francisco Antonio dos Santos

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/156

Elomari Abdelkarin e Dimitru Dan

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/189

Raúl Vázquez Dapena

Acordo de inicio do procedemento sancionador

LU-RES 2015/190

Maprimetal 2000, S.L.

Acordo de inicio do procedemento sancionador

LU-RES 2015/192

Biocarburantes de Galicia, S.L.

Acordo de inicio do procedemento sancionador

LU-RES 2015/193

Cristian Tintar

Acordo de inicio do procedemento sancionador