Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 132/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Pego Suárez contra a empresa Ponte Paz, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto, con data do 18 de xaneiro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada, Ponte Paz, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 25.952,52 euros en concepto de principal (20.492,79 euros de indemnización + 4.993,24 euros de cantidades debidas + 466,49 euros de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (4.993,24 €) máis outros 2.595,25 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nestas actuacións.

Notifíqueselles ás partes e á executada por medio de edictos no DOG e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número
5076 0000 64 0132 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo Concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0132 15. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Ponte Paz, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial