Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4323

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria do 26 de febreiro de 2014 para a provisión, mediante nomeamento temporal, de praza vacante na categoría de facultativo especialista da Área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Mediante resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, do 26 de febreiro de 2014, formalízase a convocatoria de selección temporal de diversas prazas de persoal facultativo especialista de área, con publicidade mediante anuncio no DOG nº 62, do 31 de marzo de 2014, entre elas unha praza de facultativo especialista da Área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

A lista provisional de admitidos/as e a composición da Comisión de Avaliación foi publicada o día 23 de maio mediante Resolución da Xerencia do 22 de maio de 2014 (modificada a Comisión da Especialidade de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía mediante Resolución do 20 de outubro de 2014). Con data do 7 de xullo publícase a Resolución da Xerencia do 30 de xuño de 2014 pola que se publica a lista definitiva de aspirantes admitidos/as. Así tamén, con data do 6 de novembro, publícase a Resolución do 27 de outubro de 2014 cos acordos da Comisión sobre criterios de avaliación, data, lugar e hora da entrevista para selección temporal de persoal facultativo especialista da Área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Con data do 13 de novembro de 2014 tivo lugar a entrevista dos/das aspirantes á praza vacante, de acordo co disposto no número 9 da convocatoria citada. A Comisión de Avaliación remitiulle á Xerencia a proposta de avaliación de aspirantes para a súa publicación. Con data do 21 de setembro foi publicada a Resolución do 2 de setembro de 2015 coa relación provisional de puntuacións obtidas polos/polas aspirantes, con prazo de 10 días hábiles para presentar reclamacións de acordo coa convocatoria.

Unha vez transcorrido o citado prazo sen se teren presentado reclamacións, a Comisión de Avaliación remitiu á Xerencia o acordo coas puntuacións definitivas publicadas o 24 de novembro por Resolución do 16 de novembro de 2015.

Así, de acordo coa convocatoria citada e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo de 2013), e pola Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro de 2011), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Declarar resolta a convocatoria referida e adxudicar o nomeamento temporal en praza vacante de facultativo especialista da Área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a favor de Francisco Javier Santiañez Mosquera.

No prazo máximo de 10 días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, deberá presentar a documentación que se recolle no punto 10 da convocatoria.

De non achegar a documentación requirida no prazo establecido, non poderá ser nomeado e quedarán sen efecto todas as actuacións. No caso de que a praza quedase vacante, procederase a declarar seleccionado/a o/a aspirante con maior puntuación segundo a orde de prelación na lista definitiva publicada por Resolución da Xerencia do 16 de novembro de 2015.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 16 de decembro de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés