Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2015/94-2, 8287 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMT, CT e RBT Camiño San Xulián.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente nº 14 da LMT PAL-806 e final no CTI San Xulián (27AK79) proxectado, cunha lonxitude de 132 metros, en condutor LA-56 tensada sobre apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie San Xulián (27AK79) sobre apoio de formigón, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

3. Liña de baixa tensión aérea con orixe no CTI San Xulián (27AK79) proxectado, e final na RBT existente, cunha lonxitude de 15 metros, en condutor RZ tensado sobre apoios existentes e proxectados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xaneiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo