A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-01170-O-2015 e dez máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 2016
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
PO-01170-O-2015 5956-FVV Garda Civil 3601 Q92637T |
Comercial Senra, S.A. A36031979 A Ferreira, Lérez, nº 23 36155 Pontevedra (Pontevedra) |
Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante. 19.2.2015; 10.46; N-550; 126,0 |
Art. 140.1 LOTT |
Art. 143.1.i) LOTT |
4.001 euros |
PO-02073-O-2015 9231-BHP Garda Civil 3601 P64763G |
Grúas Alegón, S.L. B73721912 Estrd. de Murcia, 00041 30520 Jumilla (Murcia) |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia. 24.3.2015; 9.15; AP-9; 137,5 |
Art. 140.18 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.e) LOTT |
601 euros |
PO-02541-S-2015 PO-4897-BN Policía Municipal 294477 |
Patricia Osorio Álvarez 36149773Y r/ Redondo, 40, bloque 5, 1º H 36212 Vigo (Pontevedra) |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 14.4.2015; 8.00 Avenida Madrid, r/ Gandarón |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
PO-02875-O-2015 0944-GHB Garda Civil 3603 U36333E |
Weibin Guo X5191902C Avenida Galicia, nº 35 36400 O Porriño (Pontevedra) |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 11.4.2015; 12.55; A-55; 14,0 |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
PO-03443-O-2015 4280-HZD Garda Civil 3601 N04453S |
Speed Moda Trans, S.L. B27743137 Rúa Troncoso, 1 A 18 36206 Vigo (Pontevedra) |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 8.6.2015; 3.54; N-550; 115,0 |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
PO-03494-O-2015 4663-CZG Garda Civil 3603 T20654Z |
Áridos A Molar, S.L. B36319432 Xinzo Confurco 36891 Ponteareas (Pontevedra) |
Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte). 18.6.2015; 8.00; A-55; 17,3 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
PO-03530-O-2015 5234-CNH Garda Civil 3601 Y76740V |
Leotrans 3000, S.L. B70294566 r/ Simón Bolívar, nº 39, baixo, esq. 15011 Santiago de Compostela (A Coruña) |
Atenuante. A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado. 17.6.2015; 10.36; AP-9; 137,5 |
Art. 142.19 LOTT Art. 141.11 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.a) LOTT |
201 euros |
PO-03564-O-2015 PO-0149-BK Garda Civil 3601 S80298J |
Distribuciones Marmel, C.B. E27744614 Lugar de Torroso, nº 58 36415 Mos (Pontevedra) |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 9.6.2015; 11.25; N-640; 215,0 |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
PO-03655-O-2015 7124-DKJ Garda Civil 3604 C73830V |
Adis Car Ibérica, S.L. B27720598 Cm Cotobade, Candeán, nº 10 36317 Vigo (Pontevedra) |
O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %. 20.6.2015; 3.00; AP-9; 137,5 |
Art. 142.2 LOTT |
Art. 143.1.c) LOTT |
301 euros |
PO-03657-O-2015 7124-DKJ Garda Civil 3604 C73830V |
Adis Car Ibérica, S.L. B27720598 Cm Cotobade, 10, Candeán 36317 Vigo (Pontevedra) |
A realización de transporte privado carecendo de autorización. 20.6.2015; 3.05; AP-9; 137,5 |
Art. 141.14 LOTT |
Art. 143.1.e) LOTT |
601 euros |
PO-03691-O-2015 PO-5031-BP Garda Civil 3601 N04453S |
Distribuciones Marmel, C.B. E27744614 Lugar de Torroso, nº 58 36415 Mos (Pontevedra) |
O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %. 4.7.2015; 5.31; PO-531; 2,5 |
Art. 140.23 LOTT |
Art. 143.1.h) LOTT |
4.000 euros |