Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0004 e tres máis.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0004.

Interesado: Eusebio Quijada Castro.

Acto notificado: 2ª imposición de multa de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0036.

Interesada: Camilo Carballal, S.L.

Acto notificado: 2ª imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0281.

Interesado: Paulino Pereira dos Santos.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0290.

Interesado: David Barros Insua (DBI Construcciones y Servicios).

Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.