Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de corrección de erros no prego de prescricións técnicas do procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados das catro provincias galegas, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.

No DOG número 11, do 19 de xaneiro de 2016, publicouse a Resolución do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados das catro provincias galegas, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.

No prego de prescricións técnicas para a referida contratación advertíronse os seguintes erros:

1. Na páx. 4 no cadro relativo ao lote 1: provincia da Coruña:

• No couto/tramo de Ombre, onde di: «dificultade baixa», debe dicir: «dificultade media».

2. Na páx. 5, no cadro relativo ao lote 3: provincia de Ourense:

• No couto/tramo de LSM Loña, onde di: «3,1 km e 0,465 ha», debe dicir: «3,0 km e 0,450 ha».

• No couto/tramo de LSM Navea-Queixa, onde di: «2,1 km e 0,315 ha», debe dicir: «5,1 km e 0,765 ha».

3. Na páx. 5, no cadro relativo ao lote 4: provincia de Pontevedra:

• No couto/tramo de Deza, onde di: «1,63 km e 0,245 ha», debe dicir: «2,3 km e 0,345 ha».

• No couto/tramo de Santeles, onde di: «1 km e 0,150 ha», debe dicir: «1,88 km e 0,282 ha».

• No couto/tramo de Seixo, onde di: «7,2 km e 1,080 ha», debe dicir: «8,2 km e 1,230 ha».

Unha vez corrixidos, publícase o prego de prescricións técnicas, no perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23919. Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 9 da citada resolución, polo que comezará a computar desde a data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea. Este envío realizouse o 1 de febreiro de 2016, polo que o prazo finaliza o 14 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio