Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/56/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios descoñecidos.

O director da Axencia de Protección da Legalidad Urbanística acordou, o 24 de novembro de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/56/2015-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación para uso residencial na estrada N-525 Santiago-Ourense, Paramios, no termo municipal de San Cristovo de Cea, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo ao Colectivo contra a Ilegalidade Urbanística, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentaren as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística