Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 15/50087/13 de axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución ditada no expediente de axuda para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo nº 15/50087/13.

O interesado poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os devanditos prazos para presentar os recursos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE. Todo isto sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro recurso que coide pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 15/50087/13, de axuda para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo.

Interesado: Dopico Hermida, Héctor Xesús.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: avenida Vilalba, 16, 3º, 15320 As Pontes de García Rodríguez.