Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4030

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración relacionados coas competencias desta consellería subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración relacionados coas competencias en materia de política social subscritos durante o terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2015

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Mondoñedo, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal.

O obxecto do presente convenio é contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actuacións que o Concello de Mondoñedo ten previsto desenvolver durante o ano 2015, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

27.10.2015

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para a execución dun programa piloto para a prevención e atención do envellecemento prematuro das persoas con discapacidade intelectual.

O obxecto deste convenio é a colaboración por parte da Consellería de Política Social no desenvolvemento dun programa piloto para a prevención e atención do envellecemento prematuro das persoas con discapacidade intelectual no centro ocupacional do que a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra) é titular.

17.11.2015

341.856,00 €

Prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento e difusión do programa carné xove no ámbito da Administración local.

Difundir e estender os beneficios do carné xove entre a xuventude de todos os concellos de Galicia, co fin de facilitar á mocidade galega a súa mobilidade, así como o acceso a bens e servizos culturais, educativos e sociais en condicións máis favorables.

23.12.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Lalín para facilitar a realización de actividades de educación non formal e o acceso da mocidade á prestación de servizos.

Facilitar a realización de actividades de educación non formal e o acceso da mocidade á prestación de servizos das instalacións do Espazo Xove de Lalín, de titularidade da Consellería de Traballo e Benestar, ao Concello de Lalín fóra do seu horario habitual de apertura e facilitar a realización de actividades para a mocidade no ámbito local.

14.9.2015

Sen contido económico

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Nais e Pais de alumnos Pía da Casca do CEIP As Mercedes, relativo á utilización das instalación do comedor e do salón de actos da residencia xuvenil Florentino Cuevillas para o curso académico 2015/16.

Establecer a forma e condicións de colaboración entre a Consellería de Política Social e a ANPA Pía da Casca do CEIP As Mercedes para a utilización gratuíta por parte desta última das instalación do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, sita na cidade de Ourense.

20.10.2015

Sen contido económico

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento de actuacións no marco da inclusión social, cofinanciado polo fondo social europeo (eixe 2, código 71 do P.O. do fondo social europeo 2007/2013).

Ampliación do crédito inicialmente previsto para a realización das actividades estipuladas no convenio principal, no marco da inclusión social de Galicia.

20.11.2015

144.000,00 €

Convenio de colaboración entre a fundación bancaria La Caixa e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para o programa Caixaproinfancia.

Regular a colaboración entre a Xunta de Galicia e a fundación bancaria La Caixa no desenvolvemento do programa Caixaproinfancia, que ten como finalidade mellorar a situación dos e das menores en situación de pobreza e vulnerabilidade social e a das súas familias, así como desenvolver as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o dito proceso de mellora.

7.10.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a cesión do código fonte do sistema de información de usuarios de servizos sociais en versión web (SIUSS), e intercambio de información.

A colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Amtega, para a cesión do código fonte da aplicación SIUSS web e intercambio de información e transferencia de datos entre ambas as dúas administracións.

15.12.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados da Coruña para o desenvolvemento dun programa experimental de mediación intraxudicial familiar durante o ano 2015 na Coruña.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados da Coruña, para o desenvolvemento dun programa experimental de mediación intraxudicial familiar na Coruña, mediante a constitución dun equipo de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a (así como os/as respectivos/as suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade), que serán designados/as polos respectivos colexios mensualmente.

18.11.2015

27.800,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e o Concello de Guntín para o equipamento do punto de atención á infancia municipal.

Instrumentar a cooperación entre a Consellería de Política Social e o Concello de Guntín para o financiamento do equipamento do punto de atención á infancia municipal de Guntín.

29.12.2015

34.881,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a instrumentación da axuda económica a través da tarxeta benvida.

Constitúe o obxecto deste convenio establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para a instrumentación da axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un/unha fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano que se fará efectiva a través da denominada tarxeta benvida, unha tarxeta prepagamento que se cargará cunha contía de 100 € ao mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena cumpra un ano.

30.12.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores (LORPM).

Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Ourense.

A relación de medidas xudiciais que executará a entidade son as seguintes: tratamento ambulatorio; asistencia a centro de día; permanencia fin de semana; liberdade vixiada; convivencia con persoa, familia ou grupo educativo; prestacións en beneficio da comunidade e tarefas socioeducativas.

1.10.2015

319.642,85 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Pontevedra.

A relación de medidas xudiciais que executará a entidade son as seguintes: tratamento ambulatorio; asistencia a centro de día; permanencia fin de semana; liberdade vixiada; convivencia con persoa, familia ou grupo educativo; prestacións en beneficio da comunidade e tarefas socioeducativas.

1.10.2015

413.957,59 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro de Atención Específica Montefiz.

Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de atención específica Montefiz.

Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas.

O convenio ten por obxecto satisfacer as seguintes necesidades:

– Dar cumprimento ás seguintes medidas privativas de liberdade impostas polos xulgados de menores: internamento terapéutico en réxime pechado, semiabierto e aberto.

– Proporcionar unha atención residencial integral e continuada ás persoas menores internadas, que dea cobertura ás necesidades de alimentación, lavandaría, limpeza e mantemento das instalacións, de maneira que se asegure unha atención residencial de calidade.

– Levar a cabo unha intervención educativa integral dirixida á súa reinserción social e unha intervención terapéutica específica.

– Garantir a vixilancia no centro e a saúde das persoas menores e facilitar a atención sanitaria nos supostos previstos na normativa aplicable.

8.10.2015

2.022.735,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Dignidade Lugo para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Dignidade Lugo para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Lugo.

A relación de medidas xudiciais que executará a entidade son as seguintes: tratamento ambulatorio; asistencia a centro de día; permanencia fin de semana; liberdade vixiada; convivencia con persoa, familia ou grupo educativo; prestacións en beneficio da comunidade e tarefas socioeducativas.

1.12.2015

285.914,46 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí que desenvolve o programa Vacacións en paz 2015.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o desenvolvemento do programa Vacacións en paz 2015, que ten como obxectivo xeral trasladar nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas.

30.10.2015

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para a infancia, adolescencia e familias.

Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social a Fundación Juan Soñador en virtude do cal os/as menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a protección das xefaturas territoriais da consellería poidan acceder ao Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias, a través das liñas de actuación máis adecuadas segundo sexa o seu caso.

20.11.2015

60.000,00 €

Acordo de prórroga para o 2016 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade, mediante prórroga para 2016, ao convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, para a atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección.
Para tal fin, póñense á disposición destes os especialistas e profesionais adscritos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga.

24.11.2015

0,00 €

Acordo de prórroga para o 2016 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade, mediante prórroga para 2016, ao Convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, para a atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección.
Para tal fin, póñense á disposición destes os especialistas e profesionais adscritos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga.

24.11.2015

0,00 €

Acordo de prórroga para o 2016 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Ourense-Pontevedra) para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade, mediante prórroga para 2016, ao Convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Ourense-Pontevedra), para a atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección.
Para tal fin, póñense á disposición destes os especialistas e profesionais adscritos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga.

24.11.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa, mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento do/a menor acollido/a mediante a formación, orientación, asesoramento e apoio especializado ás familias e/ou aos/ás menores.

7.12.2015

151.679,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2016 do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a atención de menores no centro residencial Príncipe Felipe.

O obxecto deste convenio é a atención de menores, tutelados por esta administración ou en situación de garda, na cidade infantil Príncipe Felipe, establecemento do que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra. O equipamento fórmano un conxunto de módulos ou unidades de convivencia cun número de 75 prazas de atención residencial e 25 prazas de atención de día.

24.11.2015

765.302,27 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital a familias con nenas/os con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos.

Constitúe o obxecto do convenio a colaboración entre as partes asinantes no desenvolvemento dun programa de apoio e de axuda psicolóxica, terapéutica e de mantenza a familias con

nenas/os con enfermidades de longa duración ou terminais que, carentes de medios e recursos adecuados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia.

2.10.2015

10.000,00 €

Convenio de colaboración para o 2016 entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do programa de integración familiar.

O obxecto deste convenio é promover e potenciar a adecuada atención e protección á infancia e á adolescencia por parte das súas familias, a través dunha intervención integral especializada no propio contexto da familia afectada, estimulando as súas capacidades, corrixindo déficits, promovendo cambios e reparando danos.

31.12.2015

418.000,00 €