Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3885

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2016 pola que se convoca a xornada titulada 30 anos de España na UE (1985-2015): impacto na Administración local.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2016 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócase a xornada titulada 30 anos de España na UE (1985-2015): impacto na Administración local, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Os obxectivos que se perseguen co desenvolvemento desta xornada son, entre outros, analizar como se articulan, e como se adaptaron á UE as administracións locais de distintos Estados membros; determinar cales son as fortalezas das cidades españolas en perspectiva comparada e identificar que estratexias desenvolveron aquelas cidades españolas que tiveron éxito na captación de fondos europeos e na introdución de instrumentos de políticas innovadores.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– As administracións locais na UE. Balance de 30 anos de participación das cidades españolas en asuntos europeos.

– Experiencias exitosas de adaptación á UE nas cidades españolas.

3. Destinatarios.

Empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, salón de actos. Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: 19 de febreiro de 2016.

Horario: de mañá.

Duración: 5 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/

O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 17 de febreiro de 2016.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos:

981 54 62 41 e 981 54 62 39.

7. Modificacións.

A EGAP resérvase a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

8. Certificado de asistencia oficial.

Ao final da xornada entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que tivesen participado asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización da xornada e o selo oficial da institución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública