Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, do inicio do prazo para o trámite de audiencia no expediente 36/2013, de modificación da superficie do consorcio do monte Val Escuro (LU-3060), concello de Navia de Suarna.

De conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficase aos posibles interesados o inicio do trámite de audiencia do expediente sinalado no anexo, de modificación do consorcio do monte Val Oscuro (LU-3060), no concello de Navia de Suarna.

Dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar as alegacións, documentos ou xustificacións que consideren pertinentes.

O devandito expediente está á disposición dos interesados no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, Lugo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 14 de xaneiro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 36/2013.

Asunto: modificación do consorcio do monte Val Oscuro (LU-3060).

Interesados: comunidade de veciños/as de Libre.

Parroquia: Son.

Concello: Navia de Suarna.